|
Cómpre lembrar, así mesmo, que xa se está a tramitar unha nova convocatoria de axudas á adquisición de material escolar, a través da que entre 60.000 e 70.000 alumnos e alumnas de Primaria e ESO recibirán un vale de 50 euros para a compra de material para o curso 2015/2016. Con esta nova liña, destinada a familias cunha renda pér cápita inferior a 5.400 euros/ano por membro da unidade familiar, a Xunta reforza o seu apoio ás galegas e galegos con maiores dificultades económicas; garantindo que os nenos e nenas de familias con menos recursos poidan desenvolverse en igualdade de condicións dentro do sistema educativo.
|