|
Para que unha operación tan imortante teña o mínimo impacto na cidade, o persoal de Emalcsa deseñou un plan para aproveitar ao máximo as reservas de auga e as posibilidades da rede secundaria de subministro. Aínda así, é posible que nalgunhas vivendas aparezan episodios de diferenzas de presión ou de auga turbia pao longo do día, pero serán temporais e a auga continuará a ser apta para o consumo. Deste xeito, as previsións de Emalcsa son que a maior parte da poboación afectada nin sequera notará que están a desenvolverse as obras.
|