|
Neda, 16 de decembro de 2017.- O Concello de Neda xa ten organizados os lotes de Nadal que en cuestión de días achegará a 46 familias en risco de exclusión social. Serán un total de 48 paquetes -algún dos destinatarios recibirá máis de un- que conteñen tres tabletas de turrón, un lacón de tres quilos, chourizos, touciño, seis litros de aceite, cacahuetes, cacao en po, unha caixa de doces Martínez, latas de pementos e champiñóns, paté e unha tableta de chocolate. Ademais, e como resultado da colaboración do banco de alimentos da Cruz Vermella, hai uns días as familias xa recibiron leite, garavanzos en lata, galletas, tomate frito, fabas, melocotón en conserva, latas de atún y sardiñas e pasta. Desde os Servizos Sociais destácase a xenerosidade da veciñanza e a colaboración que a administración local sempre atopa no movemento social para poder botar unha man a aquelas persoas que por enfermidade o dificultades económicas necesitan axuda para afrontar o seu día a día. Nesta mesma dirección vai o vale que, por importe de 100 euros, recibirán as familias con menores ao seu cargo para que poidan celebrar, ao igual que o resto dos nenos de Neda, a visita dos Reis Magos. O importe da axuda terá que se investir na tenda Din Don de Xuvia, na que se poderán mercar desde xoguetes ata libros ou material deportivo. Nesta situación hai 13 menores que, como explicou a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rosa Pena Barcia, “teñen o mesmo dereito que poden ter os fillos de calquera familia a recibir no día de Reis cousas sen estrear”
|